
Navegar pola Internet
Seleccione
Menú
>
Internet
.
Ver o seu historial de navegación, os sitios destacados ou os seus favoritos
Para alternar entre as pestanas Historial, Destacado e Favoritos, pase o dedo cara a
esquerda ou a dereita.
Ir a un sitio web
Seleccione a barra de enderezo e introduza o enderezo.
Moverse por unha páxina web
Arrastre a páxina co seu dedo.
Ampliar
Seleccione a sección desexada da páxina web.
Reducir
Toque dúas veces a pantalla.
30 Web

Buscar na internet
Seleccione o campo de busca e introduza unha palabra para buscar. Se se lle solicita,
seleccione o seu motor de busca predeterminado.
Volver a unha páxina web visitada previamente
Abra a pestana Historial e seleccione a páxina web.
Consello: Pode descargar aplicacións web de Bazar Ovi de Nokia. Cando abra unha
aplicación web por primeira vez, engadirase como favorito. Para obter máis información
acerca de Bazar Ovi, diríxase á páxina www.ovi.com.