Códigos de acceso
código PIN ou PIN2 Isto protexe a súa tarxeta SIM contra usos non autorizados ou
require dispoñer de acceso a algunhas funcións.
Uso básico 11
(4-8 díxitos)
Pode axustar o seu dispositivo para que solicite o código PIN ao
acendelo.
Se non se fornece coa súa tarxeta SIM ou esquece o código,
póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Se introduce o código de xeito incorrecto tres veces seguidas,
necesitará desbloquealo co código PUK ou PUK2.
código PUK ou PUK2
(8 díxitos)
Isto requírese para desbloquear un código PIN ou PIN2.
Se non se fornece coa súa tarxeta SIM, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.
Número da IMEI
(15 díxitos)
Este número emprégase para identificar dispositivos válidos na
rede. O número tamén se pode empregar para bloquear, por
exemplo, dispositivos roubados.
Para ver o seu número de IMEI, marque *#06#.
Código de bloqueo
(código de
seguridade)
(mín. 4 díxitos ou
caracteres)
Isto axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non
autorizado.
Pode axustar o seu dispositivo para que solicite o código de
bloqueo que defina. O código de bloqueo predeterminado é
12345.
Garde o código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do
dispositivo.
Se esquece o código e o dispositivo está bloqueado, requirirase
asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e
que se eliminen todos os datos persoais do dispositivo.
Para obter máis información, póñase en contacto cun Centro de
Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.