
Axustar que tarxeta SIM desexa utilizar
Pode axustar que tarxeta SIM desexa utilizar para as chamadas saíntes, as mensaxes e
os datos do teléfono móbil. Se asigna un nome ás súas tarxetas SIM, poderá ver
rapidamente cal é, por exemplo, a correspondente ao traballo e a de uso persoal.
Seleccione
Menú
>
Xestor SIM
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
12 Uso básico

Preg. sempre — Permite seleccionar a tarxeta SIM que desexa utilizar cada vez que
realiza unha chamada, envía unha mensaxe ou transfire datos do teléfono móbil.
SIM1 — Permite utilizar a tarxeta SIM do soporte da tarxeta SIM interno como tarxeta
SIM predeterminada para realizar unha chamada, enviar unha mensaxe ou transferir
datos do teléfono móbil.
SIM2 — Permite utilizar a tarxeta SIM que se atopa na rañura da tarxeta SIM externa
como tarxeta SIM predeterminada para realizar unha chamada, enviar unha mensaxe
ou transferir datos do teléfono móbil.
Cambiar de nome a unha tarxeta SIM
Manteña seleccionado
SIM1
ou
SIM2
e, no menú despregable, seleccione
Cambiar
nome
.
Consello: Para abrir o Xestor SIM na pantalla Inicio, manteña premido *.