
Accións da pantalla táctil
Para interactuar coa interface de usuario da pantalla táctil, toque ou manteña tocada
a pantalla táctil.
Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla
Toque a aplicación ou o elemento.
Acceder a opcións específicas de elementos
Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente con opcións dispoñibles.
Uso básico 13

Desprazarse nunha lista ou menú
Sitúe o dedo na pantalla, despráceo rapidamente arriba ou abaixo por esta e logo
levánteo. O contido da pantalla desprazarase coa velocidade e na dirección que tiña no
momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento dunha lista en desprazamento
e deter o movemento, toque o elemento.
Pasar o dedo
Coloque un dedo na pantalla e despráceo firmemente na dirección desexada.