Reciclado
Cando o teléfono alcance o final da súa vida útil, poderán reciclarse todos os materiais
como outros materiais e enerxía. Para garantir a correcta eliminación e reutilización,
Nokia coopera cos seus asociados mediante un programa denominado We:recycle. Para
obter información sobre como reciclar os seus produtos Nokia antigos e sobre onde
atopar puntos de reciclaxe, visite a páxina www.nokia.com/werecycle ou chame ao
centro de atención ao cliente de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, a batería, as instrucións
ou a embalaxe lémbranlle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías
e os acumuladores se deben refugar por separado ao final da súa vida útil. Este requisito
aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito que dos
residuos domésticos normais. Para obter máis información verbo da incidencia no
medio do teléfono, diríxase á páxina www.nokia.com/ecoprofile.