
Recuperar unha mensaxe multimedia
Para comprobar os seus axustes de recuperación de mensaxes multimedia actuais,
seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Axustes mensaxe
>
MMS
>
SIM1
ou
SIM2
e
seleccione
Recepción de MMS
.
Consello: O envío e a recepción de mensaxes multimedia dende fóra da súa propia rede
poden custarlle máis. Para aforrar custos, pode evitar que o seu teléfono recupere
mensaxes multimedia automaticamente. Para obter información sobre os custos,
contacte co seu fornecedor de servizo de rede.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Modificar os axustes da recuperación de mensaxes multimedia
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Axustes mensaxe
>
MMS
.
2 Seleccione
SIM1
ou
SIM2
. Os axustes de mensaxes multimedia aplícanse a ambas
as dúas tarxetas SIM.
3 Seleccione
Recepción de MMS
e escolla entre as seguintes.
Automática — As mensaxes multimedia sempre se recuperan automaticamente.
Manual — Recibirá notificacións de mensaxes multimedia que recibiu no seu
centro de mensaxería e pode recuperar as mensaxes multimedia de forma manual.
Desactivado — A recuperación de mensaxes multimedia está desactivada. Non
obterá notificacións de mensaxes multimedia.
Se selecciona
Recepción de MMS
>
Manual
, pode recuperar as mensaxes multimedia
de forma manual.
Recupera unha mensaxes multimedia de forma manual
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxería
>
Caixa de entrada
.
2 Abra a notificación de mensaxe multimedia e seleccione
Recuper.
. A mensaxe
multimedia descargarase no seu teléfono.