
Acerca de Mapas
O teléfono subminístrase coa aplicación Mapas e pode ter unha tarxeta de memoria con
mapas precargados do seu país. Insira a tarxeta de memoria no teléfono antes de utilizar
Mapas.
Soamente pode utilizar Mapas cando utilice a tarxeta SIM no soporte interno da tarxeta
SIM.
Seleccione
Menú
>
Mapas
.
Pode navegar polos mapas das diferentes cidades do seu país. Tamén pode:
•
Ver a súa situación actual
•
Planear unha ruta a un lugar próximo
•
Buscar un lugar ou enderezo específico e gardalo
•
Enviar a súa situación ou un lugar a un amigo nunha mensaxe de texto
Cando navegue ata unha zona non incluída nos mapas que teña descargados na tarxeta
de memoria, descargarase automaticamente un mapa da zona por medio da Internet.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a
través da rede do seu provedor do servizo. Para obter información acerca das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor do servizo.
Tamén pode empregar a aplicación Nokia Ovi Suite para descargar mapas. Para
descargar e instalar Nokia Ovi Suite nun ordenador compatible, diríxase á páxina
www.ovi.com.
É posible que se requira o acceso á rede para detectar a súa situación actual. É posible
que se lle solicite seleccionar un punto de acceso á Internet.
É posible que algúns servizos non se atopen dispoñibles en todos os países e que tan
só estean dispoñibles en determinados idiomas.
Ás veces, os contidos dos mapas dixitais poden ser inexactos e estar incompletos. Nunca
dependa unicamente do contido ou do servizo para efectuar comunicacións
importantes, como urxencias médicas.