Nokia C2 03 - Verbo de Communities

background image

Verbo de Communities

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Aplic. e xogos

>

Comunidades

e inicie sesión nos

seus servizos de redes sociais correspondentes.
Coa aplicación Communities, pode mellorar a súa experiencia coas redes sociais. É

posible que a aplicación non se atope dispoñible en todas as rexións. Cando inicie sesión

en servizos de redes sociais, como Facebook ou Twitter, pode facer o seguinte:

Ver as actualizacións de estado dos seus amigos

Publicar a súa propia actualización de estado

Compartir instantaneamente imaxes que tirou coa cámara

Só estarán dispoñibles aquelas funcións admitidas polo servizo de rede social.
O uso dos servizos das redes sociais require dispoñer de conexión de rede. Isto pode

supoñer a transmisión de grandes cantidades de datos e a aplicación de tarifas de

transmisión de datos. Para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos,

póñase en contacto co seu fornecedor do servizo.
Os servizos de redes sociais son servizos de terceiros que non son fornecidos por Nokia.

Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede social que está utilizando, xa

que pode estar a compartir información cun gran número de persoas. Os termos de uso

do servizo de rede social aplícanse cando se comparte información nese servizo.

Familiarícese cos termos de uso e coas prácticas de privacidade de dito servizo.