
O seu teléfono SIM dual
Pode inserir dúas tarxetas SIM.
Algunhas vantaxes dun teléfono SIM dual
•
É posible aforrar custos cando utiliza servizos de provedores de servizos diferentes.
•
Permite utilizar un número de teléfono para chamadas persoais e outro para
traballo, pero transportar soamente un teléfono.
•
Evite as variacións na cobertura de rede entre os provedores de servizos.
As dúas tarxetas SIM están dispoñibles ao mesmo tempo cando o dispositivo non se está
a utilizar, pero mentres unha das tarxetas está activa (por exemplo, realizando unha
chamada), a outra tarxeta non estará dispoñible.
Se só dispón dunha tarxeta SIM, insíraa no soporte de tarxeta SIM1. É posible que
algunhas funcións e servizos só estean dispoñibles cando se use a tarxeta SIM no soporte
de tarxeta SIM1. Se só hai unha tarxeta SIM no soporte de tarxetas SIM2, só poderá
realizar chamadas de emerxencia.
Non se pode dispoñer dunha conexión GPRS aberta en segundo plano. Se unha
aplicación está a utilizar unha conexión GPRS e volve á pantalla Inicio ou cambia a outra
aplicación, menú ou outra vista, a conexión pecharase automaticamente.