
Inserir unha tarxeta SIM e a batería
Nota: Apague o dispositivo e desconecte o cargador e os demais dispositivos antes
de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando cambie as tapas.
Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes de
inserir ou extraer a tarxeta.
Este teléfono está destinado a empregarse cunha BL-5C . Utilice sempre baterías
orixinais de Nokia.
Se só dispón dunha tarxeta SIM, insíraa no soporte da tarxeta SIM interno.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, teña coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
6
Introdución

1 Coloque o dedo no oco situado na parte superior do teléfono e levante e extraia con
coidado a tapa posterior (1). Se a batería está inserida, retírea (2).
2 Abra o soporte da tarxeta SIM (3) e insira ou retire a tarxeta SIM (4 ou 5). Asegúrese
de que a zona de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo.
3 Aliñe os contactos da batería cos do compartimento desta, e insira a batería (6).
Para volver poñer a tapa posterior no seu sitio, primeiro dirixa os peches de
seguridade da parte inferior cara ás rañuras correspondentes (7) e, a continuación,
prema a tapa cara abaixo ata que encaixe no seu lugar (8).