Acerca da conectividade Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Pode conectarse sen fíos a outros dispositivos compatibles como teléfonos,
ordenadores, auriculares e micro ou kits vehículo.
A conexión pódese utilizar para enviar elementos desde o teléfono, copiar ficheiros
desde o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican mediante
ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante, cómpre
que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda que a conexión pode
sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a outros dispositivos
electrónicos.
Cando o teléfono se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con dispositivos
autorizados.
Consello: Para acceder aos axustes de Bluetooth na pantalla Inicio, engada un acceso
directo ao widget de accesos directos.
Conectividade 25
Nota: É posible que existan restricións no uso da tecnoloxía Bluetooth nalgúns
países. Por exemplo, en Francia, unicamente está autorizado a utilizar a tecnoloxía
Bluetooth en lugares interiores. Despois do 1 de xullo de 2012, a restrición no uso en
exteriores da tecnoloxía Bluetooth deste produto en Francia será retirada pola UE. Se
desexa obter máis información, póñase en contacto coas autoridades locais.