
Realizar unha chamada
1 Abra a tapa.
2 Na pantalla Inicio, introduza o número de teléfono.
Para borrar un número, seleccione
Borrar
.
Para realizar chamadas internacionais, seleccione * dúas veces para introducir o
carácter + (que substitúe ao código de acceso internacional) e introduza o prefixo
de país, o prefixo de área (omita o cero inicial se é necesario) e o número de teléfono.
3 Prema a tecla Chamar.
4 Se se lle solicita, seleccione a tarxeta SIM que desexe utilizar.
5 Para finalizar a chamada, prema a tecla Fin.
Consello: Se a tapa está pechada e se amosa na pantalla Inicio, para utilizar o teclado
virtual para introducir o número de teléfono, seleccione .
Cando reciba unha chamada, indicarase a tarxeta SIM que se está a utilizar.