
Actualizar software do teléfono mediante o teléfono
Desexa mellorar o rendemento do seu teléfono e obter actualizacións de aplicacións e
interesantes novas funcións? Actualice o software periodicamente para obter o máximo
rendemento do seu teléfono. Tamén pode axustar o seu teléfono para que comprobe
se hai actualizacións automaticamente.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera
para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o
dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Só pode actualizar o seu software cando utiliza a tarxeta SIM no soporte da tarxeta SIM
interno.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
Axuda 37

1 Seleccione
Dispositivo
>
Actualiz. dispositivo
.
2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha actualización
dispoñible, seleccione
Detalles soft. actual
.
3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione
Descargar
softw. disp.
. Siga as instrucións da pantalla.
4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione
Inst. actual.
software
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor de servizos de rede.
Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione
Actual. auto. software
e defina a frecuencia coa que desexa que se
comprobe se hai actualizacións de software novas.
É posible que o fornecedor de servizos de rede envíe actualizacións de software do
teléfono directamente mediante conexión polo aire ao teléfono. Para obter máis
información verbo deste servizo de rede, contacte co seu fornecedor de servizos de rede.