
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do produto ou o funcionamento do teléfono,
lea a guía do usuario detidamente.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono. Apague o teléfono e retire a batería. Despois dun minuto, volva
colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Actualizar o software do teléfono
•
Restaurar os axustes orixinais de fábrica
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Visite www.nokia.com/repair. Antes
de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos datos.
36 Servizos Ovi de Nokia